Scroll to top
©2024, VOLAIR®, Fotografía y Vídeo Aéreo · Operadora de Drones en Galicia

Servizos Drons Galicia


Fotografía e Vídeo Aéreo para o que necesites.

Os teus eventos vistos dende arriba

Eventos Privados

Ofrecemos o noso servizo de grabación aérea para cualquera tipo de evento que desexes filmar dunha maneira diferente. Podes grabar momentos únicos e irrepetibles como a túa voda, a comunión dos teus fillos, unha festa privada na túa finca ás aforas da cidade, un partido de fútbol… Sorpréndete cun novo punto de vista dos teus vídeos e fotografías, feitos dende arriba.

Promociona o teu negocio dende arriba

Promocións turísticas

Realizamos grabación aérea para promocións turísticas. Se tes un Hotel ou unha casa de Turismo Rural, realizar un vídeo con imaxes aéreas serviravos para publicitarvos na rede dende unha perspectiva diferente. Tamén ofrecemos os nosos servizos a organismos oficiais como Deputacións, Concellos… para a súa promoción en ferias ou outros soportes como internet.

Foto e vídeo aéreo para casas ou edificios

Vivendas, Inmobiliarias

Facemos fotografía ou vídeo aéreo da túa vivenda para o que necesites, dende un recordo ata revisións estructurais. Se queres unha foto aérea impresa e enmarcada, estás no sitio adecuado. Encargarémonos de fotografiar a túa vivenda, escollerás a foto que máis che guste, imprimirémoscha e entregarémoscha enmarcada no tamaño que ti elixas dos dispoñibles.

Seguimento de obra pública ou privada

Construcción

Ofrecemos os nosos servizos de grabación aérea ó sector da construción. Sobrevoamos cualquera tipo de obra civil fora do casco urbano, ben para facer un seguimento dela, ou para revisións concretas. Os drons facilitan o traballo de inspeccións de cubertas e canalóns, comprobacións estructurais de edificios… Gracias ós drons aforramos costes ás constructoras.

Drons para control de colleitas, plagas ou enfermidades

Agricultura

Realizamos fotografía e vídeo aéreo para o sector da agricultura. Gracias ó dron pódese monitorizar un gran número de hectáreas de forma precisa, evaluando en todo momento as condiciones dos cultivos, conseguindo así evitar plagas ou enfermidades de forma prematura. Esta información proporcionará ó agricultor un aforro de costes significativo nos seus traballos.

Control de plantacións arboladas

Vixiancia anti-incendios

Ofrecemos servizos de vixiancia aérea para a prevención de incendios forestais durante o verán a comunidades de veciños con plantacións ou particulares. Unha detección rápida dun foco de incendio pode supoñer de gran axuda ante o control do mesmo, para evitar a súa rápida propagación. Ademáis, o dron producirá un «efecto disuasorio» ante posibles pirómanos.

Mantente ó tanto das nosas novidades

Respetamos a túa privacidade, non cedemos datos a terceiros.

    Orzamento servizo de drons Galicia gratis e sen compromiso

    Que nos pidas información para darche un orzamento dos servizos que necesitas, non é un compromiso para nós. Dinos o que necesitas cumprimentando o seguinte formulario.