Scroll to top
©2024, VOLAIR®, Fotografía y Vídeo Aéreo · Operadora de Drones en Galicia

XV Criterium Aeronáutico Galicia 2022 no Aeródromo de Rozas.

Se che apetece coñecer máis sobre o mundo dos drons, ou te apasionan estes, non podes perder o XV Criterium Aeronáutico Galicia 2022 que realiza o Real Aeroclub de Lugo nas súas instalacións no Aeródromo de Rozas (Castro de Rei, Lugo) os días 22, 23 e 24 de xullo deste 2022. Poderás velos en acción en cada unha das exhibicións que organizan durante os tres días que dura o evento.

Pero se o que che gusta é voar, poderás montarte nun avión e facer voos acrobáticos, voos de bautismo en avión, voos en ultralixeiro e paracaidismo. Poderás ver as exposicións de aeronaves antigas e motos clásicas. E por se isto fose pouco terás a posibilidade de ver aeronaves da Garda Civil (sábado 23 de 10h a 13h) e Policía Nacional.

En definitiva, unha oportunidade única se che gusta o mundo da aeronáutica. Se queres reservar a túa praza en algún destos voos, faino enviando un correo a criteriumaeronautico@gmail.com ou chamando ó 982 310 114.

Fonte: Facebook do Real Aeroclub de Lugo

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *